Ola de novo!
Aínda que cun pouco de retraso, esta entrada correspóndese coa clase do día
19 de novembro. A clase dividiuse en dous bloques de contidos: a introdución da
grella de avaliación e a
presentación sobre as variábeis no
ensino das linguas estranxeiras.
Grella de avaliación
A grella de avaliación, como o seu propio nome indica, será a guía a partir
da cal se avaliarán estes portafolios que elaboramos a través do blog. Grazas a
que o profesor nola mostre xa podemos facer os portafolios de xeito que estean
ben e non teñamos problemas para aprobar. Sen embargo, aínda que alguén dirá
que é un pouco estraño porque así xa sabemos o que temos que facer, a min
paréceme que é unha moi boa estratexia. Xa que sabes o que tes que facer e como, porque está moi ben explicado, a xente
sen darse conta fai un portafolio moito mellor e xa aprende. Polo tanto
paréceme moi boa idea e algo que sen dúbida intentarei aplicar no futuro para
que os meus alumnos se sintan parte do proceso de avaliación e así estean máis
motivados. Por que... cantas veces nos pasou que non sabemos o que temos que
facer ou como o van avaliar e nos sentimos desmotivados por iso?
Isto é algo que me gusta deste mestrado. Ao estar formándonos para ser
profesores, non so aprendemos o que os profesores nos ensinan como materia,
senón que a súa metodoloxía e xa en si unha gran lección.
Variábeis no ensino das
linguas estranxeiras
Na presentación fálase de varias variábeis no ensino das linguas
estranxeiras:
-Características dos
alumnos
-Características do
centro
-Obxectivos
No que nos centramos principalmente nesta clase foi, dentro das
características dos alumnos, no factor idade. Aínda que nós nos
formamos para ser profesores a partir da E.S.O tamén vimos as características
do ensino das linguas estranxeiras en
idades precoces. Como é obvio a idade é un factor determinante en calquera
tipo de aprendizaxe, non so das linguas estranxeiras, xa que o alumnado ten
diferente grao de maturidade, desenvolvemento cognitivo e a súa capacidade de análise, reflexión e
formalización varían. Distínguense varias etapas:
Etapa
de aprendizaxe
|
Idade
(anos)
|
Ciclo
educativo
|
Etapa
educativa
|
Idade
ideal
|
0
|
Educación
infantil
1ºciclo
2ºciclo
3º
ciclo
Educación
secundaria obrigatoria
Bacharelato
|
Educación
infanti
Educación
primaria
|
Idade
gloriosa
|
1
|
2
|
3
|
4
|
5
|
6
|
Idade
crítica
|
7
|
8
|
9
|
O
limiar fatídico
|
10
|
11
|
Idade
adulta
|
12
|
Educación
secundaria
|
13
|
14
|
15
|
16
|
17
|
En lugar de facer un resumo de cada etapa, xa que podedes acceder a
presentación, vou subliñar aquilo que me pareceu máis interesante ou
sorprendente.
Da idade ideal sorprendeume que
os bebés sexan quen de distinguir sons
e que sexa durante o primeiro ano de vida cando se lles inculca o patrón entoativo dunha lingua.
Ademais destacaría tamén o dito sobre que é a esta idade onde é importante o
contacto con alguén nativo da lingua meta que nos gustaría que o bebé aprendese
no futuro para que sexa quen de distinguir e reproducir sons propios desa
lingua meta.
Da idade gloriosa destacar o xa
sabido de que os nenos son esponxas cunha gran
capacidade de imitación. Sen embargo hai que ter en conta que esquecen tan rápido como aprenden polo que a exposición á lingua meta debe ser constante e que, tanto absorben o bo como o malopolo que hai que
ter moito coidado cos hábitos
lingüísticos que se lles ensinan.
Na idade crítica, o máis
destacable, é que se ben mingúan certas
habilidades (como a de aprender vocabulario ou a capacidade para distinguir
sons), hai un desenvolvemento cognitivo
que lle permite ao neno crear e comprender regras abstractas e organizar o
vocabulario de xeito que tamén ten vantaxes de cara á aprendizaxe de linguas
estranxeiras.
Xa no coñecido como limiar fatídico,
pérdese, por exemplo, maleabilidade cerebral ou plasticidade dos controis
motores e a lingua inicial convértese en filtro na aprendizaxe. Todo isto repercute na aprendizaxe da lingua estranxeira dificultando o
proceso.
Polo tanto hai unha gran diferenza na aprendizaxe dunha lingua estranxeira
entre os cativos e os adultos.
Nesta clase tamén vimos as distintas
etapas de adquisición dunha lingua estranxeira:
-Adquisición do léxico,
da entoación e da fonética
-Adquisición da
gramática
-Adquisición das regras
socioculturais
Estas etapas pódense observar en calquera curso de aprendizaxe de lingua
que siga o marco de referencia.
Finalmente, prestámoslle atención á variábel
da lingua inicial xa que está tamén inflúe en como se aprende a lingua meta
dependendo da familia lingüística a
que pertenzan. En relación con isto está o concepto de interlingua que é o resultado do contacto entre a lingua de saída e
a lingua meta.
Un saúdo!