Como primeira entrada deste blog o seu é contar o porqué do seu nacemento:
Onte comezamos esta nova clase que forma parte da materia de "Didáctica
da ensinanza das linguas estranxeiras" e este blog será o resultado máis
visible: o blog será o noso “caderno”.
Recoñezo que sendo bastante negada para a tecnoloxía (máis alá de controlar
o Facebook e
o Whatsapp) sorprendinme a min mesma pola miña boa disposición a face-lo blog.
Aínda así, tamén recoñezo que lle teño bastante respecto. Pero máis aló dos
meus reparos e medos (compartidos pola meirande parte da clase), vexo a obriga
de facer este blog como unha grande oportunidade para forzarme a min mesma a pórme
ao día co mundo dos blogs xa que até o de agora fun unha mera espectadora “cotilleando”
blogs alleos. Ademais, xa que se nos comentou en varias ocasións o importante que será o
día de mañá ter un edublog onde tanto alumnos como familias poidan ver como
progresa o curso, isto pode servir de iniciación.
Pois ben, aquí remata a miña primeira (e breve) reflexión sobre este
blog/portfolio, xa que preciso o tempo para pórme ao día de como vai isto do
blogger. Canto me queda por aprender!!!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario