Nesta penúltima entrada falarei do tema
11 sobre programas europeos
internacionais e as presentacións respectivas das miñas compañeiras Sabela
e Marta.
Programas Europeos
Internacionais: Erasmus +
Os documentos que Gonzalo nos facilitou sobre este tema foron as bases do
programa e a estrutura do Erasmus +. Sobre a cantidade de
información que aparece nestes documentos, destacaría como non que están
dirixidos a promover a educación e
formación. No caso da formación, chamoume a atención como se presentan como
unha oportunidade de cubrir lagoas (tanto de habilidades como de competencias)
que moita xente ten e que dificulta a empleabilidade en especial a xuvenil.
Como non, o feito de ser programas internacionais fai que favorezan a mobilidade como algo primordial algo
que comparto. Penso que este tipo de programas son moi enriquecedores dende
moitas perspectivas e o feito de ser internacionais aporta a multiculturalidade
e plurilingüismo.
No que a min respecta dende agora, como futura docente, destacaría os proxectos de mobilidade para o persoal
(alén dos destinados ao estudantado). Paréceme moi interesante a variedade de
opcións que se presentan: dende formación a simple observación do traballo de
outros. Ademais, algo que tamén respecta aos docentes, sería a asociación estratéxica entre institucións
algo que no caso dun profesor de linguas é moi interesante xa que alén da
colaboración permitiría pór en uso a lingua meta dun xeito real e verdadeiro.
En resumo, considero que estes programas son fundamentais na formación e na
situación actual en Europa e que se debe seguir por este camiño xa que fomentan
tódolos ideais e valores dunha Europa realmente unida.
Presentacións
Na presentación de Sabela
falouse dun proxecto europeo financiado
pola Unión Europea polo que puidemos ver un exemplo real deste tipo de proxectos. Pareceume interesante porque
usouse un enfoque didáctico moderno no que se promovía a motivación do
estudante: aprender linguas con medios modernos
como son as cancións. Empregando a canción como centro do proxecto fomentáronse
moitas competencias como as dixitais e aprender a aprender. Ademais promoveuse
o traballo en grupos e autónomo co profesor só intervindo en ocasións
limitadas. Para rematar, destacaría o feito de que o resultado final se
compartise con xente de Europa xa que así o alumnado ve recompensado o seu
traballo co recoñecemento de outra xente.
No caso da presentación de Marta,
falouse do programa europeo eTwinning
máis ca dun exemplo concreto. Deste programa gustoume o feito de que se trate
de proxectos de colaboración entre
centros de diferentes países europeos a través de internet. Deste xeito
potenciase o uso das tecnoloxías así como o uso da lingua estranxeira que se
emprega nun contexto real. Ademais, ao ser por internet non importan as
barreiras físicas e a colaboración pódese realizar con moita flexibilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario