martes, 25 de novembro de 2014

2ª Clase (19/11/2014)



Ola de novo!


Aínda que cun pouco de retraso, esta entrada correspóndese coa clase do día 19 de novembro. A clase dividiuse en dous bloques de contidos: a introdución da grella de avaliación e a presentación sobre as variábeis no ensino das linguas estranxeiras.


Grella de avaliación


A grella de avaliación, como o seu propio nome indica, será a guía a partir da cal se avaliarán estes portafolios que elaboramos a través do blog. Grazas a que o profesor nola mostre xa podemos facer os portafolios de xeito que estean ben e non teñamos problemas para aprobar. Sen embargo, aínda que alguén dirá que é un pouco estraño porque así xa sabemos o que temos que facer, a min paréceme que é unha moi boa estratexia. Xa que sabes o que tes que facer e  como, porque está moi ben explicado, a xente sen darse conta fai un portafolio moito mellor e xa aprende. Polo tanto paréceme moi boa idea e algo que sen dúbida intentarei aplicar no futuro para que os meus alumnos se sintan parte do proceso de avaliación e así estean máis motivados. Por que... cantas veces nos pasou que non sabemos o que temos que facer ou como o van avaliar e nos sentimos desmotivados por iso?
Isto é algo que me gusta deste mestrado. Ao estar formándonos para ser profesores, non so aprendemos o que os profesores nos ensinan como materia, senón que a súa metodoloxía e xa en si unha gran lección.


Variábeis no ensino das linguas estranxeiras


A segunda parte da clase dedicámola a presentación das distintas variábeis que determinan e inflúen no ensino das linguas estranxeiras. Toda a información que vou tratar a continuación está dispoñíbel na seguinte ligazón á presentación vista na clase:  https://prezi.com/6hks3p0hic9r/variabeis-na-situacion-de-ensino-das-linguas-estranxeiras/


Na presentación fálase de varias variábeis no ensino das linguas estranxeiras:


              -Características dos alumnos
              -Características do centro
              -Obxectivos


No que nos centramos principalmente nesta clase foi, dentro das características dos alumnos, no factor idade. Aínda que nós nos formamos para ser profesores a partir da E.S.O tamén vimos as características do ensino das linguas estranxeiras en idades precoces. Como é obvio a idade é un factor determinante en calquera tipo de aprendizaxe, non so das linguas estranxeiras, xa que o alumnado ten diferente grao de maturidade, desenvolvemento cognitivo e a súa capacidade de análise, reflexión e formalización varían. Distínguense varias etapas:


Etapa de aprendizaxe
Idade (anos)
Ciclo educativo
Etapa educativa
Idade ideal
0




Educación infantil



1ºciclo

2ºciclo

3º ciclo

Educación secundaria obrigatoria


Bacharelato




Educación infanti




Educación primaria
Idade gloriosa
1
2
3
4
5
6
Idade crítica
7
8
9
O limiar fatídico
10
11
Idade adulta
12

Educación secundaria
13
14
15
16
17


En lugar de facer un resumo de cada etapa, xa que podedes acceder a presentación, vou subliñar aquilo que me pareceu máis interesante ou sorprendente.


Da idade ideal sorprendeume que os bebés sexan quen de distinguir sons e que sexa durante o primeiro ano de vida cando se lles inculca o patrón entoativo dunha lingua. Ademais destacaría tamén o dito sobre que é a esta idade onde é importante o contacto con alguén nativo da lingua meta que nos gustaría que o bebé aprendese no futuro para que sexa quen de distinguir e reproducir sons propios desa lingua meta.


Da idade gloriosa destacar o xa sabido de que os nenos son esponxas cunha gran capacidade de imitación. Sen embargo hai que ter en conta que esquecen tan rápido como aprenden polo que a exposición á lingua meta debe ser constante e que, tanto absorben o bo como o malopolo que hai que ter moito coidado cos hábitos lingüísticos que se lles ensinan.


Na idade crítica, o máis destacable, é que se ben mingúan certas habilidades (como a de aprender vocabulario ou a capacidade para distinguir sons), hai un desenvolvemento cognitivo que lle permite ao neno crear e comprender regras abstractas e organizar o vocabulario de xeito que tamén ten vantaxes de cara á aprendizaxe de linguas estranxeiras.


Xa no coñecido como limiar fatídico, pérdese, por exemplo, maleabilidade cerebral ou plasticidade dos controis motores e a lingua inicial convértese en filtro na aprendizaxe.  Todo isto repercute na aprendizaxe da lingua estranxeira dificultando o proceso.


Polo tanto hai unha gran diferenza na aprendizaxe dunha lingua estranxeira entre os cativos e os adultos.

Nesta clase tamén vimos as distintas etapas de adquisición dunha lingua estranxeira:


              -Adquisición do léxico, da entoación e da fonética
              -Adquisición da gramática
              -Adquisición das regras socioculturais


Estas etapas pódense observar en calquera curso de aprendizaxe de lingua que siga o marco de referencia.


Finalmente, prestámoslle atención á variábel da lingua inicial xa que está tamén inflúe en como se aprende a lingua meta dependendo da familia lingüística a que pertenzan. En relación con isto está o concepto de interlingua que é o resultado do contacto entre a lingua de saída e a lingua meta.


Un saúdo!

2 comentarios:

  1. Me parece muy interesante que hayas incluido la evaluación en el resumen. La verdad es que a mí no se me ocurrió hacerlo, pero estoy de acuerdo contigo en que es algo que deberíamos tener presente en el futuro, cuando nos toque a nosotros organizar las clases.

    ResponderEliminar
  2. Yo aún no tuve la oportunidad de ver la evaluación, pero iré en cuanto pueda porque me parece muy interesante lo que has dicho y te doy la razón en que los criterios de evaluación tienen que estar bien claros, y más en algo como lo de crear el blog que yo creo que es la primera vez que nos evalúan de esta forma

    ResponderEliminar