sábado, 29 de novembro de 2014

2 pequenas reflexións!

Bonsoir mes amis!



Saúdovos en francés porque precisamente vou reflexionar sobre dúas cousas: unha relacionada con Francia en si e outra co francés como lingua.

En primeiro lugar, facendo as actividades de educaplay sobre a lexislación do ensino de linguas estranxeiras en Galicia, chamoume a atención de que o inglés non se introduciu no ensino até 1926 e como optativa. Ata a de aquela, e dende mediados do século XIX, o francés era a lingua de referencia no ensino secundario non obrigatorio e so para as elites. Pensando sobre o tema decateime de que moitas veces teño escoitado a xente maior dicir que “nos seus tempos estudaban francés non inglés ”. O que me chama a atención supoño, é o rápido que cambian as cousas. Isto tamén me fixo preguntarme cal sería o papel de Francia naquela época, a súa influencia sobre España... pero, iso xa é outra historia.

A outra reflexión a que cheguei, e que está relacionada co tema da oposición que tratamos na clase do 26/11, xorde a raíz dun viaxe que fixen a Polonia en xuño deste ano cun programa internacional de futuros profesores de inglés que trataba sobre interculturalidade. No programa participamos 4 países: Polonia, Finlandia, Francia e España. Cando no outro post reflexionaba sobre que me chamou a atención que fose a primeira vez en todo o mestrado que se nos explicaba o funcionamento da oposición recordei algo que contaron as nosas compañeiras francesas naquel programa:

Cada país tiña que explicar o que había que facer para ser profesor no seu país: no caso concreto de Francia, o proceso era moi similar ao noso: primeiro unha carreira e, despois un curso especializado, como este mestrado. A diferenza é que no seu curso equivalente ao noso mestrado xa viña incorporado ao final o exame para ser profesor, é dicir, a oposición. Se recordo ben, podían decidir facer o exame para a escola pública ou privada.

O caso é que recordei isto e non puiden evitar pensar se non será máis lóxico ese procedemento: incluír a oposición no mestrado. Vós que pensades? Parécevos boa idea? Ou mala?

À la prochaine!

7 comentarios:

  1. Sí que es verdad, mis tías estudiaron muchas francés en lugar de inglés, para ellas estudiar inglés es algo "moderno".

    ¿Con qué programa hiciste ese viaje a Polonia? Me parece súper interesante, vamos, todo lo que sea viajar y conocer gente , ¡Yo me apuento! =)

    Con respecto a lo que dices de Francia...la verdad es que no lo tengo nada claro, pero vamos, si se incluyese el examen al final del máster, ¿sería un examen que evaluase sólo lo del máster o lo de la carrera también? Entiendo que el examen es más "fácil" porque aprobarlo sin preparar nada antes como quien dice, a mí me parece casi utópico.

    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Foi con DICETE, xa falou Alejandra neste post (http://www.bloglovin.com/frame?post=3823500175&group=13166201&frame_type=b&context=&context_ids=&blog=13166201&frame=1&click=0&user=0)

      A verdade é que non recordo se chegaron a explicar en que consistía o exame, pero claro se o mestrado está pensado principalmente para opositar (porque sen telo non podes) pois mellor que incluise algo das oposicións.

      Moitas grazas polos teus comentarios!

      Eliminar
  2. ¡Que coincidencia! Eu tamén aproveitei para preguntar aos meus alumnos de Español cómo funcionaba iso de ser profe. Un alumno resumiu que iso das oposicións como as coñecemos nós é algo dos países mediterráneos, pero que no resto de europa as cousas funcionaban, como dis ti, doutra maneira. Ben, eu non sei que pensar, a verdade. Oposicións ¿sí ou non? Diría que non se houbese unha formación máis reglada que asegurase que a formación dos docentes é o suficientemente boa. O que eu non concibo, e moitos estaredes en desacordo comigo, é que xente con apenas formación para "docente" poida impartir clases a adolescentes, tendo en conta a responsabilidade que iso conleva. Síntoo, non creo que unha persoa licenciada en Matemáticas ou astrofísica, ou tradución, ou xeografía e historia, con 6 meses teña unha preparación suficiente para exercer unha profesion tan complexa. Se queremos redignificar a docencia, hai que empezar pola formación.
    As oposicións, certo é, non creo que sexan o método adecuado. Para empezar, non creo que examinen aos candidatos no realmente importante. Examinan de contidos, e como moito da súa capacidade para programar (aínda que as programacións se poden mercar), pero non comproban a capacidade de "ensinar". Por iso cando alguén me comentou que quizáis se facía unha especie de MIR para educación case me pareceu ben. Esixiría uns coñecementos, pero tamén unha cantidade de "prácticas" considerable, o cal, aseguraría certa calidade docente.
    Intento pensar no mellor método, pero tampouco se me ocorre, sobretodo tendo en conta o noso contexto economico e sociopolítico, no que a educación non parece importarlle a ninguén.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O do mir paréceme algo moi interesante e seguramente a xente estaría moito máis preparada que só con este mestrado.

      Grazas pola túa opinión!

      Eliminar
  3. A raíz de tu reflexión sobre las oposiciones y como es llevado a cabo en cada país, ahora mismo recuerdo un chico holandés que conozco que está estudiando historia pero enfocado a la didáctica. No se si este tipo de carreras son algo común en Holanda pero me parece una idea buenísima para enfocar una carrera ya que como es lógico te enseñan los contenidos básicos como historia por ejemplo pero al mismo tiempo dirigido hacia el mundo de la docencia. De todas formas, me parece muy positivo y justo el sistema francés ya que todo el mundo del máster debería al menos intentar hacer una oposición, tener contacto con los exámenes y recibir información sobre ello, cosa que nuestro máster carece totalmente.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Creo que un prfesor do modulo común xa nos comentara que noutros países hai dous tipos de carreiras as enfocadas xa a ser profesores da materia estudada e as que non. ó mellor tal extremo é demasiado porque haberá xente que ao comezar a carreira non saiba se vai querer profesor ou traballar noutra cousa, pero sie staría ben que no último curso houbese a posibilidade de especializarse na didáctica doe studado.
      Grazas polo comentario

      Eliminar
  4. ¡Que curisoso! Non tiña nin idea de que o francés se estudiara como língua principal ata fai pouco, e eso que eu son de francés! jejeje A verdade é que ten a súa lóxica, o francés ata fai "moi pouco" era a principal língua europea pola influencia dos franceses en moitos ámbitos sociais: cultura, literatura, artes, os dereitos do home, as repúblicas... Pero nunca me parara a pensar en qué língua esudiarían antes!
    O do método do exame ó final do curso en principio vexoo ben, ainda que non coñezo as consecuencias que podería ter e si se obterían bos resultados, habría que mirar as estadísticas dos países que o fan así, e, si procede cambiar o noso método. Eu só con pensar nas oposicións xa me deprimo! :(

    ResponderEliminar