Hello!
Ben, esta é a última entrada resumo sobre as clases en si xa que esta
semana foi a nosa derradeira clase con Carlos. A clase foi máis curta do
habitual, so unha hora e media, na que vimos rápido-depresa-correndo o tema da avaliación.
Máis que facer un resumo do prezi, anímovos a que lle botedes unha ollada
no prezi.
Como reflexión sobre a avaliación dicir que no futuro, cando sexa
profesora, gustaríame e intentarei que o sistema de avaliación que empregue
sexa: válido, fiable e realizable. Desgustaríame
moito verme convertida nun docente que solo se fixa nun exame final que non
cumpre cos criterios anteriores. Porque se realmente se é bo profesor, a par
que se prepara ao alumnado, que se lle aprende os contidos apropiados tamén se
debe levar a cabo unha avaliación que se corresponda.
Outros pequenos detalles sobre avaliavión que me parecen dignos de mención
son: a co-avaliación e subxectividade. A co-avaliación pareceume moi
interesante dende a primeira clase na que Carlos a mencionou en relación aos
blogs: aínda que vexo moi complicado aplícalo nunha clase de educación
secundaria ou bacharelato, paréceme unha proposta interesante e que merecería a
pena intentalo. Outro aspecto interesante da avaliación foi o feito de que é
moi difícil que o proceso de avaliación sexa plenamente obxectivo, sempre vai
ter un punto de subxectividade aínda que non sexa a nosa intención. Por isto,
penso que debemos levar a avaliación con moito rigor e non deixándonos
influenciar por factores que poidan facela demasiado subxectiva.
Un saúdo,
Laura

Ningún comentario:
Publicar un comentario