Good morning y’all!
Pois ala imos co resumo dos puntos máis importantes da terceira clase. A
parte “teórica” da clase xirou en torno ao prezi
“Planificar e Programar: Aspectos Xerais” que como cuxo nome indica trata sobre
a programación
didáctica e tódolos seus derivados. Tamén consultamos o DOGA para ver as partes das que consta oposición xa que unha delas ten que ver
con programar. Á volta da pausa, a raíz do problema que tiña unha compañeira
cun exercicio de hotpotatoes, Carlos estívonos
falando de moitas ferramentas en liña
que nos serán útiles no futuro. Finalmente, presentóusenos a tarefa que temos que facer en grupos
para a semana que vén, que como non podía ser doutro xeito, ten que ver coa programación:
temos que ler unha e analizala.
Programacións didácticas
O tema de programar non debería ter sido algo novo para todas nos, xa que
no modulo común do mestrado xa tivemos unha materia dedicada a iso: Deseño
Curricular e Organización de Centros Educativos. Na miña opinión, o que nos
pasa coas programacións é algo similar ao que nos pasa coa maioría dos contidos
do mestrado, até que nós teñamos que enfrontar a realidade e facelo de verdade
penso que non o interiorizaremos. Con todo, isto non é exactamente unha
crítica, máis ben unha reflexión sobre o mestrado en si. Creo que sería moito mellor
que se intercalasen as prácticas e as clases teóricas para poder ver as cousas
con máis experiencia e perspectiva. Entendo que hai cousas, como a de
programar, que seguramente non fagamos no período de prácticas, pero estaría
ben poder ver coa que imos traballar durante ese tempo e poder debater en clase
sobre ela.
A oposición: horror!!!
Esta clase foi a primeira vez que realmente souben como é a oposición e o
que vou ter que facer. Sabía algo como o de ter que ler o que escribes diante
do tribunal, pero a parte de presentar unha programación e unha unidade didáctica
foi unha sorpresa e nada boa. Xa me imaxino así:
Tamén me gustaría engadir que me sorprende a
pouca información que recibimos até o de agora da oposición en si no mestrado.
Este tema tratareino nun post da biografía que farei en breves.
Ferramentas: a traballar!
Como xa dixen nun post anterior, algo que me gusta moito deste mestrado é
que aprendemos dos profesores xa solo con observar a súa metodoloxía. Neste
sentido, Carlos é o máis tecnolóxico dos
catro que tivemos até o de agora na parte específica (si, incluso, que a de
innovación docente). So nesta clase con el, descubrín unha chea de ferramentas.
Déixovos unha pequena lista dos que apuntei:
-https://color.adobe.com/ : serve para escoller
paletas de cor para usar nun blog, páxina web, etc.
-http://www.ivona.com/ : para crear voz en
distintas linguas.
-http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php?sitepal
: para crear un avatar que fale.
-http://padlet.com/ : para traballar
colaborativamente.
Espero que vos fose útil.
Boa finde!!

Sí, a verdade, eu creo que debería facerse un seminario ou algo que nos explicasen máis de todo o proceso das oposicións: sobre o exame en sí, pero tamén como estar ao día das convocatorias, preparación (academia ¿sí ou non?, etc. Deberíamos suxerirlle-lo a Ana Elina que é a coordinadora... :)
ResponderEliminarGrazas pola recopilación da clase.
Eu tamén penso que o millor sería intercalar as prácticas cas clases, penso que lle sacaríamos muito más partido ó aprendido na clase.
ResponderEliminarPor outro lado comentar que é certo a cantidade de resursos que estamos aprendendo con Carlos, espero poder polos en práctica nun futuro.