sábado, 29 de novembro de 2014

3ª Clase (26/11/2014)



Good morning y’all!

Pois ala imos co resumo dos puntos máis importantes da terceira clase. A parte “teórica” da clase xirou en torno ao prezi “Planificar e Programar: Aspectos Xerais” que como cuxo nome indica trata sobre a  programación didáctica e tódolos seus derivados. Tamén consultamos o DOGA para  ver as partes das que consta oposición xa que unha delas ten que ver con programar. Á volta da pausa, a raíz do problema que tiña unha compañeira cun exercicio de hotpotatoes, Carlos estívonos falando de moitas ferramentas en liña que nos serán útiles no futuro. Finalmente, presentóusenos a tarefa que temos que facer en grupos para a semana que vén, que como non podía ser doutro xeito, ten que ver coa programación: temos que ler unha e analizala.

Programacións didácticas

O tema de programar non debería ter sido algo novo para todas nos, xa que no modulo común do mestrado xa tivemos unha materia dedicada a iso: Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos. Na miña opinión, o que nos pasa coas programacións é algo similar ao que nos pasa coa maioría dos contidos do mestrado, até que nós teñamos que enfrontar a realidade e facelo de verdade penso que non o interiorizaremos. Con todo, isto non é exactamente unha crítica, máis ben unha reflexión sobre o mestrado en si. Creo que sería moito mellor que se intercalasen as prácticas e as clases teóricas para poder ver as cousas con máis experiencia e perspectiva. Entendo que hai cousas, como a de programar, que seguramente non fagamos no período de prácticas, pero estaría ben poder ver coa que imos traballar durante ese tempo e poder debater en clase sobre ela.

A oposición: horror!!!

Esta clase foi a primeira vez que realmente souben como é a oposición e o que vou ter que facer. Sabía algo como o de ter que ler o que escribes diante do tribunal, pero a parte de presentar unha programación e unha unidade didáctica foi unha sorpresa e nada boa. Xa me imaxino así:



Tamén me gustaría engadir que me sorprende a pouca información que recibimos até o de agora da oposición en si no mestrado. Este tema tratareino nun post da biografía que farei en breves.

Ferramentas: a traballar!

Como xa dixen nun post anterior, algo que me gusta moito deste mestrado é que aprendemos dos profesores xa solo con observar a súa metodoloxía. Neste sentido, Carlos é  o máis tecnolóxico dos catro que tivemos até o de agora na parte específica (si, incluso, que a de innovación docente). So nesta clase con el, descubrín unha chea de ferramentas. Déixovos unha pequena lista dos que apuntei:

-https://color.adobe.com/ : serve para escoller paletas de cor para usar nun blog, páxina web, etc.
-http://www.ivona.com/ : para crear voz en distintas linguas.
-http://padlet.com/ : para traballar colaborativamente.

Espero que vos fose útil.
Boa finde!!

2 comentarios:

  1. Sí, a verdade, eu creo que debería facerse un seminario ou algo que nos explicasen máis de todo o proceso das oposicións: sobre o exame en sí, pero tamén como estar ao día das convocatorias, preparación (academia ¿sí ou non?, etc. Deberíamos suxerirlle-lo a Ana Elina que é a coordinadora... :)
    Grazas pola recopilación da clase.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén penso que o millor sería intercalar as prácticas cas clases, penso que lle sacaríamos muito más partido ó aprendido na clase.

    Por outro lado comentar que é certo a cantidade de resursos que estamos aprendendo con Carlos, espero poder polos en práctica nun futuro.

    ResponderEliminar